Zona Franca Vigo / ¿Qué é?

¿QUE É A ZONA FRANCA DE VIGO?

Unha zona franca é un territorio determinado dun país onde se aplica un réxime especial, como a exención de dereitos arancelarios para as mercadorías estranxeiras e outra serie de vantaxes fiscais. En España hai catro zonas francas, a de Vigo, a de Barcelona, a de Gran Canaria e a de Cádiz.

A Zona Franca de Vigo está rexida polo establecido no Código Aduaneiro (2913/92) e Regulamento de Aplicación 2454/93 con relación ás zonas francas da Unión Europea.

Quen pode operar

Tipos de operacións

Cómo operar

Tempo e condicións

Vantaxes

Empresas de todos os sectores, nacionais e foráneas (con NIF nacional ou a través de axentes de aduanas), que necesiten exportar ou importar mercadorías ou dedicadas ao comercio internacional.

Calquera actividade industrial autorizada, comercial ou de prestación de servizos. Poden realizarse manipulacións usuais que, segundo o Código Aduaneiro, son as efectuadas en mercadorías para garantir a súa conservación, mellorar a súa presentación ou calidade comercial ou preparar a súa distribución ou revenda.

Como operador: autorizada a contabilidade polo Departamento de Aduanas e Impostos Especiais, o operador presentará cada mes resumos das entradas e saídas de mercadorías no seu almacén. É o responsable ante a Alfándega da veracidade da información.

A través dun Axente de Alfándegas: encargarase de toda a tramitación para a entrada e saída de mercadorías. Será o responsable ante a Administración de Alfándegas de todos os datos achegados.

A permanencia é ilimitada agás produtos agrícolas suxeitos a restitución. Fixarase unha tarifa por peso, superficie ou volume.

Facilidades Administrativas: maior axilidade nos procedementos mediante unha oficina para a intervención aduaneira e un sistema a través da internet que controla as mercadorías e autoriza a súa entrada e saída. Ademais, o control de existencias informatizado pódeo levar o interesado ou os servizos comerciais da Zona Franca sen custo.

Seguridade: recintos cerrados e vixiados as 24 horas e sistemas electrónicos con claves individuais por empresa.

Manipulacións: servizo de carretas e persoal para as mercadorías.

ZONAS FRANCAS EN ESPAÑA

Consorcio Zona Franca de Vigo | Área Portuaria de Bouzas, s/n | 36208 Vigo (España)
Tel.: + 34 986 269 700 | Fax: + 34 986 269 730 | MÁIS DATOS | TÉRMINOS E CONDICIÓNS | ACCESIBILIDADE