

350 empresas están instaladas na Rede de Parques Zona Franca. Con datos de 2010, estas empresas xeraron o 28,05% do VAB da área de Vigo e o 27,84% do noso emprego (18.025 persoas empregadas). Isto é posible porque é unha Rede segura para a empresa porque está ben instalada, ben comunicada e acompañada dos mellores; onde as organizacións poden crecer e desenvolverse con formación e aplicación de procesos de xestión colectiva; unha Rede que axuda á xente emprendedora; unha Rede onde se dispón da mellor información empresarial para tomar decisións correctas; con axudas no capital para os que teñen vontade de crecer; e unha Rede que demostra que en comercio internacional Vigo está na vangarda. Desenvolvemento económico combinado con sustentabilidade social e medioambiental.
“Vigo será unha das zonas con máis dotación de solo industrial de España”