

Coa mirada no futuro, o Consorcio está inmerso na construción de catro novos parques empresariais e de catro edificios que se suman á Rede de Parques Zona Franca. 3.300.000 m2 coas mellores infraestruturas e novos edificios con servizos de calidade para as empresas. Isto supón duplicar a oferta actual e converter a área de Vigo nunha das zonas xeográficas con mellor equipamento de solo industrial de España.
Zona Franca quere ofrecer ás nosas empresas as ferramentas que as fagan máis competitivas e respectuosas co medio ambiente e, con isto, atraer novos investimentos que creen emprego no sur de Galicia.

