Consorcio Zona Franca / Localización

LOCALIZACIÓN

Vigo está situado no Noroeste de España, á beira do Atlántico. Dista 60 millas do Porto, 400 de Brest, 1.140 de Hamburgo e 658 de Southampton. A súa privilexiada posición xeográfica, en medio das rutas transoceánicas máis transitadas, permítelle manter unha fluída comunicación marítima con Norteamérica e co norte de Europa.

A cidade ten 300.000 habitantes e a súa área metropolitana 450.000. É a zona máis poboada e industrial de Galicia. 30.034 empresas da bisbarra de Vigo xeran o 30,86% do PIB de Galicia, ademais de concentrar o 25% do negocio financeiro.

O sector do automóbil, a transformación do metal, o granito, a construción, a agroindustria, o téxtil e o gran sector do mar forman o seu tecido industrial. Ademais, Vigo é o motor económico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Cunha poboación próxima aos 6,3 millóns de habitantes, a Eurorrexión está interconectada por unha moderna autoestrada que une o Eixe Atlántico (A Coruña - Vigo - Oporto - Lisboa) e por unha rede de autovías que a comunican co resto da península e Europa. Dispón de catro aeroportos internacionais e dunha rede de portos marítimos con conexións regulares ao resto do mundo. Esta é unha das rexións transfronteirizas da Unión Europea con maiores perspectivas de desenvolvemento e crecemento económico.

ZONAS FRANCAS EN ESPAÑA

Consorcio Zona Franca de Vigo | Área Portuaria de Bouzas, s/n | 36208 Vigo (España)
Tel.: + 34 986 269 700 | Fax: + 34 986 269 730 | MÁIS DATOS | TÉRMINOS E CONDICIÓNS | ACCESIBILIDADE