Apoio a Empresas / Capital Risco

CAPITAL RISCO

VIGO ACTIVO SCR, S.A. (Sociedade de Capital Risco)

Vigo Activo é unha sociedade de capital risco que busca contribuír ao desenvolvemento económico de Galicia, e en concreto de Vigo e da súa área de influencia. Cun capital social de 14.324.000 euros, está promovido polo CZFV (81,57%), Nova Caixagalicia (13.08%), CXG Corporación Caixagalicia, S.A. (5,22%), e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo (0,13%) .

O seu obxectivo é o fomento daquelas PEMES que non cotizan en Bolsa e que non teñen natureza nin financeira nin inmobiliaria. Deben ser empresas galegas que acaban de comezar e contan cun produto ou servizo innovador ou que teñen un gran potencial de crecemento e altas espectativas de rendibilidade.

Vigo Activo realiza unha participación minoritaria no seu capital (entre o 15 e o 40%) de forma temporal. O investimento oscila entre os 600 e os 600.000 euros, e mantense por un período de entre tres e oito anos. Unha vez transcorrido, a participación véndese aos socios ou a terceiros. De forma complementaria, a sociedade realiza empréstitos, efectúa outras formas de financiamento permitidas pola lei e ofrece asesoramento.


ZONAS FRANCAS EN ESPAÑA

Consorcio Zona Franca de Vigo | Área Portuaria de Bouzas, s/n | 36208 Vigo (España)
Tel.: + 34 986 269 700 | Fax: + 34 986 269 730 | MÁIS DATOS | TÉRMINOS E CONDICIÓNS | ACCESIBILIDADE