Con sede no campus da Universidade de Vigo, a Cidade Tecnolóxica de Vigo SA (CITEXVI) é un proxecto que promove a transferencia de coñecementos e fomenta a I+D+i entre os investigadores universitarios e as empresas.
Cun orzamento de 13 millóns de euros, aquí participan a Universidade de Vigo, Caixanova, Zona Franca e a Xunta de Galicia. Ademais, tamén participa o Ministerio de Educación e Ciencia cun empréstito de 4,5 millóns de euros.
O edificio permitirá aloxar proxectos de diferentes sectores empresariais. Dos cinco módulos que forman o enclave, os dous primeiros destinaranse a crear un espazo de I+D+i empresarial, e os tres restantes forman parte dos servizos xerais de Investigación.
