Paseo marítimo de Bouzas
Para recuperar a fronte mariñeira do barrio de Bouzas, o Consorcio construíu un paseo marítimo e ordenou o contorno da igrexa e as praias.
Deseñado polos arquitectos Julio Rodríguez e Daniel Rivoira, mereceu o premio "Gómez Román de Arquitectura e Urbanismo 1999" e o "Premio GranDeArea de COAG 2002".
O seu coidado deseño, para o que contou con máis de 900.000 euros de orzamento, contribuíu a revalorizar a fronte desta vila mariñeira.
Praza mariñeira do Berbés
A recuperación da praza mariñeira do Berbés é obra do arquitecto Vázquez Consogra. O Consorcio encargou este espazo ao mesmo arquitecto que realizou o Paseo Marítimo.
Granito, cristal e auga son os elementos empregados nunha praza que descende de nivel ao aproximarse aos vellos soportais para darlles maior presenza sobre o ámbito. Baixo a praza sitúase un aparcadoiro que libera a superficie de coches.
Edificio Arte
Na praza da Constitución rehabilitouse o edificio "Arte" que alberga o Centro de Saúde da zona.
Proxectado polo arquitecto Alfonso Penela, recibiu o "Premio GranDeArea do COAG 2002".