Outras intervencións / Centro Comercial

CENTRO COMERCIAL

centroComercial_07
centroComercial_11

O Centro Comercial A Laxe, que abriu as súas portas no primeiro trimestre de 2008, está situado nun enclave excepcional, en pleno centro marítimo de Vigo, xunto ó Paseo de Montero Ríos, o Real Club Náutico e na entrada do Peirao de Transatlánticos.

Deseñado polo arquitecto Francisco Sáenz de Oiza, a súa construción foi adxudicada en outubro de 2003 a ACS-Dragados por un orzamento de 24.589.000 euros. Situado nunha parcela de 11.762 metros cadrados, o edificio dispón de 45 locais distribuídos en tres plantas, ademais de contar cun aparcadoiro con capacidade para 484 vehículos.

Tres grandes firmas son as locomotoras do centro. A multinacional da imaxe, son, aparatos electrónicos e electrodomésticos Mediamarkt ocupa 4.000 m2, mentres que Metropolitan dispón dun ximnasio-spa de 2.000 m2 e Adolfo Domínguez dunha multitenda de 1.685 m con todas as súas liñas de roupa.

A instalación destas tres destacadas empresas e o seu emprazamento nun punto de máximo interese comercial facilitou a comercialización do resto dos 42 locais de mediana e pequena superficie.

Debido a súa excelente situación en pleno centro urbano, ao pé do porto deportivo, cunha arquitectura de gran calidade e coa pasarela que une a Estación Marítima coa Pedra, en breve A Laxe converterase non só nun punto de atracción comercial senón tamén nun referente urbano cunha función dinamizadora na rehabilitación da parte baixa do Casco Vello ao provocar o paso de xente cara a esa zona. Esta función deberase en parte a que coa instalación da pasarela metálica abriuse unha nova vía peonil pola que tanto poderán subir cara á cidade os cruceiristas que arriben á estación marítima como descender ata o porto, pola Colexiata e A Pedra, as persoas que busquen un novo camiño entre a Porta do Sol e a dársena de embarque da ría. As terrazas, abertas a toda a cidadanía, pasarán a conformar unha nova praza-mirador, punto de encontro para as xentes de Vigo e sala de recepción para os nosos visitantes.

Contacto
E-mail: hha@herasaguirre.com
Tlfno: 91 3085883

ZONAS FRANCAS EN ESPAÑA

Consorcio Zona Franca de Vigo | Área Portuaria de Bouzas, s/n | 36208 Vigo (España)
Tel.: + 34 986 269 700 | Fax: + 34 986 269 730 | MÁIS DATOS | TÉRMINOS E CONDICIÓNS | ACCESIBILIDADE