Outras intervencións / Abrir Vigo ao Mar

ABRIR VIGO AO MAR

Sin-título-1_03
listadoAbrirVigo_1
Túnel de Beiramar. Conexión con la AP-9
listadoAbrirVigo_2
Paseo Marítimo
listadoAbrirVigo_3
Praza da Estrela
listadoAbrirVigo_4
Praza pública
listadoAbrirVigo_5
Edificio de turismo, Estación de ría e aparcamento subterráneo
listadoAbrirVigo_6
Edificio administrativo da Xunta de Galicia e aparcadoiro subterráneo
listadoAbrirVigo_7
A laxe Centro comercial
listadoAbrirVigo_8
Praza do Berbés e aparcadoiro subterráneo

Na década dos 90, o Consorcio da Zona Franca de Vigo recuperou a fronte marítima do centro da cidade cun ambicioso proxecto de 150.000 m² “Abrir Vigo ao Mar". Esta actuación realizouse mediante un acordo de colaboración entre a Autoridade Portuaria de Vigo, que achegou os terreos; o Consorcio da Zona Franca, que executou e financiou as obras; o Concello de Vigo, que realiza o seu mantemento e a Xunta de Galicia.

A actuación recibiu numerosos premios de arquitectura, e mereceu unha subvención de 18 millóns de euros polo Banco Europeo de Investimentos, que se uniron á inversión total de 120 millóns de euros.

As principais obras foron:

  • As infraestructuras viarias que formaron a Ronda do Mar, o peche costeiro dos cintos de circunvalación de Vigo.

  • Unha zona de servizos administrativos sobre o aparcadoiro da Praza da Estrela.

  • Un paseo marítimo no que se alberga o aparcadoiro robotizado de A Laxe e un edificio dotacional.
  • O centro comercial A Laxe, situado en pleno centro marítimo de Vigo, a carón do Paseo de Montero Ríos, do Real Club Náutico e da entrada ao Peirao de Transatlánticos.

ZONAS FRANCAS EN ESPAÑA

Consorcio Zona Franca de Vigo | Área Portuaria de Bouzas, s/n | 36208 Vigo (España)
Tel.: + 34 986 269 700 | Fax: + 34 986 269 730 | MÁIS DATOS | TÉRMINOS E CONDICIÓNS | ACCESIBILIDADE